FEDER
KIT DIXITAL

Carallán

2018

Conceptualización e deseño de produto. Naming, identidade visual e packaging para un viño de Adegas Terrae da D.O. Rías Baixas, Galicia.

Un carallán é un festexeiro, un trouleiro; segundo a Real Academia Galega significa «amigo de andar de festa e de bromas». O briefing definiu este viño como acedo, explosivo, de froita verde, rabioso e divertido. Fresco como a música en directo, divertido como un festival, pensado para festas e celebracións. Asociado ao verán, á praia, ás noites con amigos. Un viño atlántico e galego. O envase representa metaforicamente unha praia que se transforma a medida que sube a marea; ao consumir o viño a area vai esvaecendo.

Este proxecto foi Selección Latampack 2018, na categoría de Premio Latampack ó Mellor packaging de bebidas, deseño de botella e etiqueta.

Categoría
Packaging
Fotografía

Nando Iglesias

  • Todo
  • Identidade
  • Packaging
  • Web | App
  • Gráfica
  • Editorial
  • Exposición
Nove
Identidade, Web | App
Emporium
Identidade, Gráfica, Editorial, Exposición
MBeat
Identidade, Packaging