
2015
Identidade visual e envase para un produto único: empanada tradicional de millo corvo.
Eva e Patricia, dúas irmás cun forte compromiso social, deciden iniciar un proxecto de desenvolvemento rural que proporcione unha saída laboral para elas e para as mulleres da súa contorna. Para elo, deciden recuperar a tradición familiar na elaboración de empanadas de millo e doces caseiros elaborados con produtos locais e de tempada de cultivo ecolóxico. Contando coa experiencia da súa nai obteñen un produto de calidade extraordinaria, exquisito e cun sabor único.
Redeseñamos a marca gráfica e resolvemos o envasado cunha solución axustada as súas necesidades técnicas e empresariais. O envase non debía encarecer o produto final pero debía vestir correctamente un produto tradicional e artesá de gama alta.
Nando Iglesias Bin Art