FEDER
KIT DIXITAL

Type in Motion

2011

Exposición sobre tipografía animada do Museo de Deseño de Zúric para a Fundación Barrié nas sedes de Vigo e A Coruña.

A mostra ofrece un amplo informe sobre os importantes cambios da comunicación e os medios no mundo contemporáneo e amosa por primeira vez as tendencias máis destacadas no ámbito do texto en movemento; a través de vídeos musicais, títulos de crédito de longametraxes, instalacións interactivas, anuncios, curtametraxes, fachadas multimedia, gráficos animados para televisión e radio, postais dixitais e logotipos dos máis variados lugares do planeta.

A Fundación Barrié ten unha misión eminentemente didáctica, e desenvolvemos a imaxe da exposición e todo o material necesario para a súa exhibición e difusión con esta premisa.

Recibimos os contidos da exposición en 24 DVDs e creamos un escenario de espazos cotiáns facilmente recoñecibles para contextualizalas; unha rúa para amosar intervencións en fachadas, un fogar para visualizar pezas para a televisión, unha sala de cine para proxectar títulos de crédito de filmes etc.

Categoría
Identidade, Exposición
Montaxe da exposición

PXC Produción e Xestión Cultural

Fotografía

Nando Iglesias
HYC estudio fotográfico

  • Todo
  • Identidade
  • Packaging
  • Web | App
  • Gráfica
  • Editorial
  • Exposición
Nove
Identidade, Web | App
Emporium
Identidade, Gráfica, Editorial, Exposición
MBeat
Identidade, Packaging