2017
Identidade visual corporativa para unha nova marca de cosméticos de alta gama.
Ylé Cosmetics é unha iniciativa da empresaria galega Araceli Hermelo que sae ao mercado cunha proposta de grande innovación tecnolóxica. Os seus produtos están dirixidos a un público profesional, pensados para cubrir as necesidades dos mellores salóns de beleza.
Creamos a súa identidade visual, diverso material gráfico e o packaging para un dos seus produtos estrela, a Led Mask Phototherapy System.
Este proxecto foi galardoado nos V Luxury Advertising Awards, como Mejor Diseño de Marca Premium 2017.
Nando Iglesias