
2013 – 2015
Kaleido ideas & logistics é unha empresa internacional de loxística integral, herdeira do grupo Vasco Gallega de Consignaciones. Líder mundial en loxística de pedra natural e granito que conta, na actualidade, cunha rede de máis de 50 axencias e 450 colaboradores internacionais.
En 2013 acometemos a implantación da súa nova identidade visual, obra de The Brand Union, desenvolvendo as aplicacións corporativas, catálogos, regalos de empresa, escenario da presentación da nova identidade e o sitio web. Desde entón traballamos co seu departamento de mercadotecnia na xestión da marca.