2012
Leive Reliquia é un viño branco do Ribeiro, madurado en barrica durante oito meses, do que se producen unhas 200 botellas cada ano. Como o seu nome indica, é a reliquia de Leive Ecoadega, unha adega familiar con quen levamos colaborando desde o ano 2002.
Buscamos unha presentación distinguida, en consonancia coa calidade do viño, pero sen descoidar a aposta que esta adega fai pola sostibilidade do medio e economía dos recursos naturais. Papel seda, rafia, madeira, cartón, pouca mancha de tinta e unha mínima etiqueta de aluminio.
Nando Iglesias