2014
Exposición sobre o problema que supón os residuos de plástico nos océanos, na sede da Fundación Barrié en Vigo. Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico é un proxecto itinerante do Museo de deseño de Zúric que presenta unha reflexión sobre o consumo masivo de plástico na nosa sociedade.
Recibimos, no porto de Vigo, un contedor de 40 pés onde viñan todos os contidos da exposición e nos encargamos de todo o proceso necesario para poder exhibila e comunicala: creamos a imaxe gráfica, os soportes de comunicación (cartel, programa de sala, promoción na Rede…), acondicionamos o espazo para a exposición e elaboramos un programa didáctico que denominamos Artes plásticos.
PXC Produción e Xestión Cultural
Arcea Xestión de Recursos Naturais
María Roja
Po&Pla Audiovisual
David de La Iglesia