
2018
Deseño e maquetación do sitio web e das cartas do restaurante Pepe Vieira.
A cociña de Pepe Vieira é auténtica, racial e chea de significado. Vai máis alá do culinario e conta unha historia con cada prato. Unha experiencia única que che permitirá descubrir Galicia e as súas orixes a través dunha proposta gastronómica creativa. Este foi o punto de partida para desenvolver o deseño deste sitio web e as cartas (menús e carta de viños) do restaurante.
Este web foi galardoado nos III Premios da Comunicación e do Marketing Galego, na categoría de Mellor Deseño Dixital 2018.
Nando Iglesias
Wordpress