FEDER
KIT DIXITAL

Afundación

2017

Deseño e maquetación do sitio web de Afundación (Fundación Galicia Obra Social), unha institución galega privada e sen ánimo de lucro, principal axente de responsabilidade social corporativa da entidade financeira Abanca.

Un proxecto complexo pola súa dimensión e porque está dirixido a públicos moi diferentes. Unha complexidade que traducimos nunha interface clara e sinxela, acorde coa identidade visual de Abanca, onde cada quen pode atopar o que busca facilmente. Para o desenvolvemento deste web contamos coa colaboración de Óscar Otero.

Este web foi galardoado nos  II Premios da Comunicación e do Marketing Galego, na categoría de Mellor Deseño Dixital e Interactivo 2017.

Asociado a este proxecto realizamos o desenvolvemento do sitio web do Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), centro de estudos universitarios de ámbito internacional creado en 1987. Como centro ligado á estrutura de Afundación mantivemos os mesmos criterios xerais e estéticos que no seu web, pero respectando as particularidades da identidade visual de IESIDE.

Categoría
Web | App
Tecnoloxía

HTML5 + CSS

Visitar o web

afundacion.org
ieside.edu

  • Todo
  • Identidade
  • Packaging
  • Web | App
  • Gráfica
  • Editorial
  • Exposición
Nove
Identidade, Web | App
Emporium
Identidade, Gráfica, Editorial, Exposición
MBeat
Identidade, Packaging