FEDER
KIT DIXITAL

Momente

2016
Identidade visual para un centro de saúde integrativa en Vigo.

Natalia é unha fisioterapeuta que entende o corpo, o movemento e a saúde dende unha perspectiva global e dende o coñecemento dun mesmo. No seu centro integra diferentes métodos de tratamento, técnicas e disciplinas para dar resposta aos problemas de saúde dos seus pacientes.

Momente era un centro de fisioterapia que evolucionou como centro de saúde integrativa, un momento de cambio no que xorde a necesidade de desenvolver unha solución profesional de identidade visual corporativa que dea resposta a nova realidade.

Deseñamos unha nova marca gráfica baseada nunha estratexia de marca que elaboramos previamente e que validamos con Natalia e coa consultora empresarial Más Método. Resolvemos as aplicacións máis importantes para a súa comunicación: a sinalización interior e exterior do centro, o vestiario e a súa imaxe nas redes sociais.

Fotografía

Nando Iglesias

  • Todo
  • Identidade
  • Packaging
  • Web | App
  • Gráfica
  • Editorial
  • Exposición
Nove
Identidade, Web | App
Emporium
Identidade, Gráfica, Editorial, Exposición
MBeat
Identidade, Packaging