Tempos novos en Desoños, nace Corre Lola Corre

FotoBlogCLC

13 Abr Tempos novos en Desoños, nace Corre Lola Corre

Tempos novos en Desoños, nace Corre Lola Corre

Nace no seo de Desoños un novo proxecto, Corre Lola Corre. Unha axencia de marketing e comunicación diferente, dirixida polo noso socio Carlos Fernández, que, xunto a xornalista especializada en comunicación corporativa Beatriz Pino, preséntase deste xeito:

“Sabemos que somos moitas as axencias pero tamén sabemos que somos diferentes: En Corre Lola Corre ofrecemos una atención personalizada, áxil e gañadora. Mimamos cada proxecto, non temos centraliña, así que calquera persoa do noso equipo saberá perfectamente como vai cada traballo. Somos deportistas, así que sabemos o importante que é chegar pronto e coa mellor marca á meta marcada polo cliente. Estamos seguros da calidade do noso traballo e por iso non soamente orientamos sobre o que se debe facer, senón que o facemos seguros da satisfacción final.”

Esta diversificación de servizos debuxa un novo escenario no que as dúas empresas camiñamos da man para ofrecer servizos complementarios e focalizamos os esforzos en mellorar a través da especialización.