Presentamos a webserie SC, un “Black Mirror” á galega

27 Abr Presentamos a webserie SC, un “Black Mirror” á galega

Presentamos a webserie SC, un “Black Mirror” á galega

Anótate aquí e non te perdas a estrea.

Hai tempo que levamos coa idea de introducirnos no mundo audiovisual e, grazas á colaboración con Deica Audiovisual, hoxe presentamos a que é a nosa primeira experiencia como produtores.

SC é unha webserie inspirada na exitosa serie “Black Mirror” que xoga co límite entre realidade e ficción. Unha vez que vexades o primeiro capítulo a vosa percepción da realidade pode ser completamente diferente.

O tráiler da serie está xa dispoñible na nosa canle de Youtube. A estrea da serie será o vindeiro 3 de maio, seguide toda a información nas nosas redes sociais: Facebook e Twitter.