Ylé Cosmetics

2017

Identidade visual corporativa para unha nova marca de cosméticos de alta gama.

Ylé Cosmetics é unha iniciativa da empresaria galega Araceli Hermelo que sae ao mercado cunha proposta de grande innovación tecnolóxica. Os seus produtos están dirixidos a un público profesional, pensados para cubrir as necesidades dos mellores salóns de beleza.

Creamos a súa identidade visual, diverso material gráfico e o packaging para un dos seus produtos estrela, a Led Mask Phototherapy System.

Este proxecto foi galardoado nos V Luxury Advertising Awards, como Mejor Diseño de Marca Premium 2017.

Categoría
Identidade, Packaging, Gráfica
Fotografía

Nando Iglesias