Campaña “Sentido Común”

2017

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) no Parlamento de Galicia solicitando unha lexislación que garanta o dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.

A campaña “Sentido Común” ten dous obxectivos principais. Por unha banda, comunicar a presentación desta ILP favorecendo a recollida das 10 000 sinaturas necesarias para a súa tramitación. Por outra, dar visibilidade ao labor de A Mesa pola Normalización Lingüística e captar novas asociadas entre un público novo e que non percibe que haxa dificultades para vivir plenamente en galego.

Para cumprir o primeiro obxectivo creouse unha campaña informativa convencional apelando ao “sentido común”, pois o que reclama esta ILP é que se cumpra e se lexisle unha lei que xa está en vigor. Traballamos graficamente coa simboloxía de carga dos dispositivos móbiles convidando ás persoas a cargarse de Sentido Común e a asinar esta iniciativa. O web sentidocomun.amesa.gal recolle toda a información necesaria para coñecer a iniciativa e atopar os lugares onde asinar.

Para facer visible a situación de desigualdade na que se encontra a lingua galega e achegarnos a un público alleo a este problema creamos, xunto a David Rodríguez, unha curtametraxe con formato de webserie inspirada na popular “Black Mirror”. Nela presentamos situacións cotiás que evidencian a desigualdade na que se encontra a lingua galega. Viralizamos esta curtametraxe, realizada por Deica Audiovisual, a través das redes sociais presentándoa como o primeiro capítulo da webserie “Experiencias SC”.

 

Categoría
Gráfica
Vídeo

Guión: David Rodríguez
Realización: Deica Audiovisual

Web

sentidocomun.amesa.gal
Tecnoloxía: Wordpress

  • Todo
  • Identidade
  • Packaging
  • Web | App
  • Gráfica
  • Editorial
  • Exposición
Emporium
Identidade, Gráfica, Editorial, Exposición
MBeat
Identidade, Packaging