Arquivo

Santos Santiago

Deseño e desenvolvemento de sitio web para a tenda da marca Santos en Santiago de Compostela...

Erregueté

2016 Identidade visual para a Revista Galega de Teatro. Renomeamos a revista como Erregueté co ánimo de destacar un tempo novo na dirección da mesma e de chegar con maior eficacia a un público mozo, estudantes de escolas de arte dramática principalmente. A cabeceira está concibida...

Campaña “Sentido Común”

2017 A Mesa pola Normalización Lingüística presenta unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) no Parlamento de Galicia solicitando unha lexislación que garanta o dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico. A campaña “Sentido Común” ten dous obxectivos principais. Por unha banda, comunicar a presentación...

Afundación

2017 Deseño e maquetación do sitio web de Afundación (Fundación Galicia Obra Social), unha institución galega privada e sen ánimo de lucro, principal axente de responsabilidade social corporativa da entidade financeira Abanca. Un proxecto complexo pola súa dimensión e porque está dirixido a públicos moi diferentes. Unha...

Grupo Nueva Pescanova

2017 Identidade visual corporativa para o grupo de empresas da multinacional galega. Grupo Nueva Pescanova, especializada en produtos refrixerados e conxelados procedentes do mar, está entre as dez primeiras compañías pesqueiras do mundo. A estratexia de marca dictada pola compañía estableceu dous condicionantes clave no deseño da...

Karkasa
Karkasa

2014 - 2016 Creación de marca verbal e gráfica para unha tenda de accesorios para dispositivos móviles. A nosa proposta foi un nome moi descritivo para relacionar directamente a marca cos produtos que vende, e establecemos unha linguaxe moi directa e cercana co cliente, resaltando o...

Momente

2016 Identidade visual para un centro de saúde integrativa en Vigo. Natalia é unha fisioterapeuta que entende o corpo, o movemento e a saúde dende unha perspectiva global e dende o coñecemento dun mesmo. No seu centro integra diferentes métodos de tratamento, técnicas e disciplinas para dar...

Emporium

2016 Identidade visual para a exposición da historia da cidade. Emporium presenta mil anos de relacións comerciais de Vigo desde a Prehistoria ata a chegada dos árabes á Península. Mil anos nos que Vigo xoga un papel destacado na comunicación marítima do noroeste peninsular co resto...

Millo Verde

2015 Identidade visual e envase para un produto único: empanada tradicional de millo corvo. Eva e Patricia, dúas irmás cun forte compromiso social, deciden iniciar un proxecto de desenvolvemento rural que proporcione unha saída laboral para elas e para as mulleres da súa contorna. Para elo, deciden...