FEDER
KIT DIXITAL

Espazo Desoños

01 Out Espazo Desoños

Demos un gran salto para chegar até aquí!

Hai xa algún tempo que vimos falando de “dar un salto”, alguén comentounos que non hai salto que puidera durar tanto, mais botando unha ollada a imaxe, veredes que este estaba xustificado.

Este Espazo no que aterramos encóntrase noutra DIMENSIÓN. Desde aquí podemos afrontar novos proxectos coa perspectiva que nos dá a madurez profesional e a ilusión de compartir este lugar con habitantes de disciplinas profesionais complementarias. Habitar este Espazo bríndanos a oportunidade de traballar en equipo cunha relación moi directa e boa cohesión, e así dar resposta a calquera necesidade de comunicación visual.

Paralelamente á misión que temos como habitantes deste Espazo de garantir unha boa oferta profesional, abordaremos outras actividades complementarias orientadas á formación e difusión da cultura do deseño, das artes e dos oficios artísticos. Explorar novos camiños será o motor creativo deste novo Espazo Desoños no que todo debe ser posible.

Seguiremos retransmitindooooooo…

O Espazo Desoños é un lugar de traballo cun equipo capaz de dar resposta a todas as necesidades de comunicación visual.